Código de boas prácticas das sociedades cooperativas galegas

Neste vídeo, poderás coñecer algúns exemplos de cooperativas galegas que xa son asinantes do código de boas prácticas ademais de coñecer o compromiso que adquiren estas entidades e como tes que facer para adherirte de maneira libre e voluntaria.
O obxectivo principal deste código de boas prácticas é a procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación, a busca dun impacto positivo daquela dentro da comunidade e a demanda de reflectir unha imaxe de confianza e mellora da súa reputación, propiciando deste xeito unha vantaxe competitiva e a mellora dos seus resultados.
Actualmente estas son as entidades adheridas:
- Cal3 Fotografía
- Gálica Consultoría e formación S. Coop. Galega
- Teixugo S. Coop. Galega
- Miraxe S. Coop. Galega
- Cestola na Cachola S. Coop. Galega
- Pingota Comunicación S. Coop. Galega
- Terras da Mariña S. Coop. Galega
- Abeluria S. Coop. Galega
- 7H Cooperativa Cultural
- MAOS Innovación Social S. Coop. Galega
- NUMAX S. Coop. Galega
Mércores, 29 January, 2020 - 11:30