Coñece as axudas de laboratorios cooperativos no rural da Xunta de Galicia

Xa están publicadas no DOG as axudas de laboratorios cooperativos no rural, dispoñibles na páxina web da Xunta:

http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions?content=/Traballo/Contidos/Axudas/axuda_0447.html

A finalidade destas axudas é fomentar a dinamización da economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral.

PROGRAMAS

a) fomento de laboratorios cooperativos no rural (procedemento TR807C)

Dinamizar a economía local mediante fórmulas de economía social, a través de entidades mentoras que identifiquen oportunidades de negocio no seu territorio e seleccionen un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica nun determinado sector, ao que lle impartirán a formación específica necesaria nesa área de actividade así como asesoramento e acompañamento.

O fin último é que todas ou parte das persoas seleccionadas constitúan unha cooperativa ou sociedade laboral no rural de Galicia, se ben este non é un requisito imprescindible para a obtención da axuda por parte das entidades mentoras.

b) impulso de proxectos empresariais colectivos (procedemento TR807D)

Fomentar e  promover   o   emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no   ámbito   da   Comunidade   Autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a   posta   en   marcha   dos   proxectos empresariais   resultantes   dos   laboratorios cooperativos no rural.

 

Prema aquí para descargar o documento.

Xoves, 7 June, 2018 - 16:00

Compartir