Ciclo de seminarios de asesoramento en liña sobre “ O papel estratéxico da RSE en tempos de covid 19”
RSE Innolab Galega e o proxecto GEMCAT “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo” puxeron en marcha un ciclo de webinars de asesoramento sobre Responsabilidade Social Empresarial, dirixido a pemes transfronteirizas que, co fin de facer fronte á crise sanitaria e actual, buscan transformar a xestión do seu modelo de negocio e readecuar as formas de traballo, outorgándolle maior protagonismo á sustentabilidade e responsabilidade social.
O programa de asesoramento está formado por 8 webinars, onde as empresas participantes poderán coñecer as principais vantaxes da RSE á hora de reorientar o seu modelo de negocio en tempos de COVID-19. Os webinars, que terán unha duración de dúas horas e unha periodicidade semanal, será impartidos a través da ferramenta de videoconferencia Zoom, e estarán abertos a calquera persoa que se inscriba.
O obxectivo do ciclo é informar as empresas sobre como os cambios globais que están a acontecer poden afectar os seus modelos de negocio e como acertar na elección de accións no contexto actual, facendo especial fincapé nos catro piares dunha empresa: os empregados, os clientes, a imaxe e a competencia.
Os webinars terán unha orientación práctica, mostrando casos de éxito reais e adaptándose ás necesidades e intereses concretos dos participantes. Fomentarase a participación e o debate mediante a creación dun foro que recolla as consultas dos participantes. Este foro tamén permitirá identificar oportunidades de colaboración entre os rexistrados, así como o desenvolvemento da capacidade de resolución de problemas dos participantes.
Podes inscribirche ao ciclo e acceder á programación dos webinars aquí.
Ademais, podes visualizar os webinars xa realizados a través das seguintes ligazóns:
- Webinar 1: “RSE para escépticos: Como crear vantaxes competitivas a través dunha estratexia de sustentabilidade diferenciadora” (18/12/2020)
- Webinar 2: “RSE e comunicación. Do Greenwashing ao propósito” (21/12/2020)
- Webinar 3: "ODS da estratexia ao impacto" (20/01/2021)
- Webinar 4: "RSE e a igualdade de oportunidades" (29/01/2021)
- Webinar 5: "Sustentabilidade para principiantes. Conceptos xerais da RSE. Boas prácticas e ferramentas" (05/02/2021)
- Webinar 6: "O círculo virtuoso: sustentabilidade e innovación" (12/02/2021)
- Webinar 7: "Economía circular: un cambio de paradigma para a nova normalidade" (17/02/2021)
- Webinar 8: "Solucións dixitais a retos sustentables" (24/02/2021)