Certamen Cooperativismo no ensino 2017. NOVO: PUBLICADA A PROPOSTA DE TRABALLOS PREMIADOS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime espe­cial de Galicia, establece as bases reguladoras para o certame Cooperativismo no ensi­no, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e aproba a súa convocatoria para o ano 2017. A súa concreción e realización levarase a cabo de xeito coordinado polas consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Economía, Emprego e Industria, na liña dos obxectivos do Plan de emprendemento no sistema edu­cativo de Galicia

Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, se­cundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado, segundo as modalida­des e nos termos previstos nestas bases.

Contía dos premios

1. Os traballos presentados á modalidade de actividades artísticas dirixido ao alumnado de infantil e primaria, e á modalidade de actividades cooperativizadas, dirixido ao alumna­do dos centros de secundaria, nas súas distintas categorías, poderán optar aos seguintes premios:

a) Un premio ao mellor traballo de cada categoría: os centros de ensino premiados en cada categoría recibirán a cantidade de 2.000 euros destinados á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á realización dunha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado do centro.

b) Un accésit por cada categoría: os centros de ensino premiados en cada categoría recibirán a cantidade de 1.000 euros destinados á adquisición de material didáctico, audio­visual, informático ou deportivo, así como á realización dunha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado do centro.

2. Os traballos presentados á modalidade de proxectos empresariais cooperativos, di­rixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e ensinanzas de réxime espe­cial, poderán optar aos seguintes premios:

a) Un premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo coa seguinte dotación:

– Un premio de 4.500 euros, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto premiado.

b) Un accésit coa seguinte dotación:

– Un premio de 2.500 euros, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto finalista.

FOLLETO

FICHA RESUMO

+ INFO

PROPOSTA DE PREMIADOS

 

Mércores, 24 May, 2017 - 15:00

Compartir