CEPES e Laboral Kutxa apostan polo impulso da competitividade das empresas de Economía Social

A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) e Laboral Kutxa, no marco do convenio que teñen subscrito, impulsarán a competitividade das empresas de Economía Social a través de dúas iniciativas.

Por un lado, Laboral Kutxa destinará 50 millóns de euros a favorecer o desenvolvemento da economía social española, a través da nova línea EaSI Social, que facilitará a concesión de préstamos e contas de crédito a proxectos promovidos por empresas que teñan un impacto social positivo.

Por outro lado, CEPES e Laboral Kutxa puxeron en funcionamento un estudo sobre a competitividade da economía social en España, a través da ferramenta de autodiagnose COMPYTE.

Para máis información, prema aquí.

 

Luns, 27 November, 2017 - 12:30

Compartir