Calquera persoa interesada pode atopar neste catálogo información sobre as entidades que actualmente forman parte da economía social de Galicia:
- cooperativas
- sociedades laborais
- centros especiais de emprego
- empresas de inserción
- mutualidades
- confrarías de pescadores
- sociedades agrarias de transformación
- comunidades e mancomunidades de montes en man común
- e asociacións e fundacións con actividade económica
Ademáis dos datos básicos proporcionados polos diferentes rexistros autonómicos, as propias entidades incluídas no catálogo poden engadir e actualizar os seus datos de contacto, comerciais e de actividade, para favorecer a súa visualización e promover as relacións entre entidades.
O Catálogo galego de entidades da economía social está regulado na Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia. A súa xestión correspóndelle á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.