Cafés con aroma a economía social

Coa filosofía de facer negocios ou simplemente intercambiar impresións, o Foro pola Economía Galega creou os almorzos informativos “Cafés con aroma a economía social”, para un grupo reducido de empresarios relevantes na economía social de Galicia e nun entorno amable para fomentar as relación a través dun diálogo aberto e vivo e no que comparten experiencias, aínda que as persoas sexan de distintos sectores, pero tendo unha base común, a economía social.

O primeiro “Café con aroma a economía social” celebrouse hoxe, 13 de xullo, no hotel Los Abetos de Santiago de Compostela. E no que interviñeron na inauguración do evento a Conselleira de Emprego e Igualdade, Dna. Maria Jesús Lorenzana e o Presidente do Foro Economía Social Galega, Don Celso Gándara Carnero.

María Jesús Lorenzana indicou que se está traballando na creación dunha aceleradora da economía social, xa que as empresas de economía social supoñen o 7 % do PIB de Galicia.

Posteriormente, no relatorio central tratouse o “Estudio do Impacto socioeconómico da economía social en España” a cargo de Don Eduardo Baamonde Noche, presidente do grupo cooperativo CAJAMAR.

E como broche final, levouse a cabo a conversa co Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, onde os presentes puideron trasladarlles a súas preguntas.

O obxectivo destes cafés é incrementar a identidade de empresas de economía social e analizar como poden formar parte das vantaxes competitivas e corporativas de cada empresa, así como reflexionar e implementar accións contribuíndo ao desenvolvemento do sector en Galicia.

 

Martes, 13 July, 2021 - 09:45 to 12:30

Compartir