Código de boas prácticas das sociedades cooperativas galegas

Este código, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos e aprobado polo Consello Galego de Cooperativas, constitúe un sistema de autorregulación polo que se establecen os principios e regras que rexerán a actuación e relación das cooperativas -sempre que elixan adherirse a el- para cos seus membros, persoal traballador e outros operadores do ámbito da súa actuación (clientes, provedores, administracións públicas, etc.).

O seu obxectivo principal é a procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación, a busca dun impacto positivo daquela dentro da comunidade e a demanda de reflectir unha imaxe de confianza e mellora da súa reputación, propiciando deste xeito unha vantaxe competitiva e a mellora dos seus resultados.

As sociedades cooperativas galegas poden adherirse libre e voluntariamente a este código de boas prácticas, adquirindo o compromiso de dar cumprimento aos principios que rexerán tanto a súa actuación interna como as súas relacións con terceiros no desenvolvemento da súa actividade, no marco do compromiso de responsabilidade social cooperativa.

Aquelas cooperativas que decidan adherirse a este código, poden comunicalo a economiasocial.emprego@xunta.gal a través do modelo incluído como Anexo no propio código de boas prácticas, que se amosa a continuación.

Código de boas prácticas das sociedades cooperativas galegas

 
Listaxe de entidades adheridas:
Nome da entidade Data

Cal3 Fotografía

22/01/2018

Gálica Consultoría e formación S. Coop. Galega

01/03/2018

Teixugo S. Coop. Galega

20/03/2018

Miraxe S. Coop. Galega

02/04/2018

Cestola na Cachola S. Coop. Galega

03/04/2018

Pingota Comunicación S. Coop. Galega

11/04/2018

Terras da Mariña S. Coop. Galega

18/04/2018

 

Venres, 19 January, 2018 - 11:45

Compartir