LOADING

BOLETÍN Nº 223 (8 XUÑO 2023)


Boletín Rede Eusumo Nº 223 08 / 06 / 2023

Máis dunha ducia de entidades de economía social participan este ano na feira Salimat Abanca 2023

Do 8 ao 11 de xuño celébrase a 26.ª edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2023, coincidindo coa 45.ª feira “Abanca Semana Verde de Galicia”.

Trátase dun evento importante de referencia internacional, que inclúe numerosas actividades, tanto para os profesionais do sector coma os amantes da gastronomía e os consumidores de produtos de calidade.

Ver máis

A Xunta asigna 5 millóns de euros para o desenvolvemento da economía social

Galicia destinará máis de 42 millóns de euros no 2023 para apoiar a economía social, dos que a Xunta xa asignou 5 millóns a través de dous programas: o Bono Consolida e ES-Transforma.

Ademais, o goberno galego xa iniciou os traballos para a II Estratexia Galega da Economía Social 2023-2026, cuxo obxectivo é xerar 3500 empregos novos e establecer 400 novas entidades dentro deste modelo de negocio.

Ver máis

Resultados da Rede Eusumo do ano 2022

Visita a nosa web e consulta esta infografía que recolle os datos máis relevantes dos resultados obtidos desde a Rede Eusumo no ámbito da economía social galega durante o ano 2022.

Ver máis

Únete aos Venres Cooperativos!

Esta iniciativa consta de catro xornadas de portas abertas que se están a desenvolver na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración do Día Internacional do Cooperativismo o vindeiro 1 de xullo.

O obxectivo é visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio.

Datas: 9, 16 e 23 de xuño de 2023
Modalidade: presencial
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

4.º encontro da actividade "Boborás con futuro"

Súmate á busca de fórmulas que poñan en valor o potencial do concello de Boborás experimentando con diferentes metodoloxías de traballo que impulsen o emprendemento centrado na economía social e o desenvolvemento sustentable.

Datas: 12 de xuño de 2023
Horario: de 17:00 h a 21:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Inscríbete no obradoiro "Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas"

EspazoCoop organiza este obradoiro co obxectivo de desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo e descubrir como aplicalas nunha contorna cooperativa, así como coñecer os recursos e as metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.

Datas: do 26 de xuño ao 11 de xullo de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: teleformación
Plataforma: www.aulaespazocoop.com
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela