|
Boletín Rede Eusumo Nº 216 20 / 04 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ordes promove a educación cooperativa entre o alumnado de secundaria
Máis de 50 estudantes e docentes participaron na xornada Mostramos as nosas cooperativas que se celebrou na Casa da Cultura de Ordes. Un evento que forma parte do programa educativo Creamos a nosa cooperativa, impulsado pola Mancomunidade de Ordes e financiado pola Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo.
Durante o evento, os estudantes presentaron os proxectos cooperativos que desenvolveran durante as sesións do programa.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Fundamar e a Asociación Amicos fomentan o turismo inclusivo a través de entidades de economía social
Fundamar e a Asociación Amicos organizaron unha xornada para presentar "Mar de Amicos", un proxecto que busca desenvolver un programa de turismo accesible e inclusivo no ámbito do patrimonio marítimo pesqueiro e a través das entidades de economía social, así como favorecer o acceso ao emprego para persoas con discapacidade.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sabes como obter financiamento para entidades de economía social?
Inscríbete neste curso gratuíto e descubre diferentes formas de financiamento ético e alternativo adaptadas aos principios da economía social, así como mostrar as diferenzas existentes entre dúas fontes de financiamento opostas como son a banca tradicional e a banca ética.
Datas: do 21 de abril ao 5 de maio de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata as 23:59 h do 20 de abril de 2023
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Festival de Economía Circular
Cegasal organiza o Festival de Economía Circular, un espazo de encontro local cunha filosofía global: transitar de cara a un modelo de economía circular poñendo en valor o papel dos axentes da economía social.
Data: 22 de abril de 2023
Modalidade: presencial
Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns - Ames)
Horario: de 16:00 h a 20:30 h
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Únete ao "Programa colectivos" de EspazoCoop
O “Programa colectivos: a solución é cooperativa” ten como obxectivo achegar o modelo cooperativo a persoas que están buscando emprego, que queren emprender ou que están traballando e que teñen interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.
Datas: do 25 de abril ao 9 de xuño de 2023
Horas: 60 h
Modalidade: en liña e presencial
Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop
Lugar: CEI NODUS (Lugo)
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no curso "O coaching como oportunidade para emprender"
Esta formación gratuíta vai destinada a todas as persoas que queren emprender e que precisan dunhas directrices para facer da incerteza unha oportunidade e poder desenvolver a súa idea de negocio.
Saca o maior partido dos recursos existentes e analiza a túa idea de negocio desde diferentes perspectivas para conseguir os teus obxectivos.
Datas: do 4 ao 18 de maio de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 3 de maio de 2023
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|