LOADING

Boletín Nº 133 (2 setembro 2021)

 
Boletín Rede Eusumo Nº 133  02 / 09 / 2021
 
   

Entrevistamos a Uf Negra Sombra Soc. Coop. Galega

É a primeira cooperativa de persoas usuarias de Galicia no eido da hostalería.
Esta cooperativa é un bo exemplo de como a economía social serve para salvar empresas e empregos, xa que, ante o anuncio do peche do establecemento, parte da clientela se organizou para manter o seu café de toda a vida aberto.
Actualmente son oito persoas socias usuarias e unha persoa socia traballadora, e contan tamén cunha persoa traballadora asalariada, que non descartan que nun futuro entre a formar parte da cooperativa.

Ver máis

       
   

Sabes en que che pode axudar a Rede Eusumo?

Achégate ao apartado de Servizos da nosa web e atoparás información sobre como solicitar asesoramento profesional personalizado e outros servizos que poden interesarche.

Contacta connosco e trasládanos as túas inquedanzas.

Ver máis

   
   


Formación en consolidación e salto de escala dos proxectos de economía social e mellora das capacidades dos promotores

Esta actividade, encadrada dentro do programa da USC "Súmate á cultura emprendedora en economía social!", está orientada a axudar a fortalecer os proxectos de economía social e facelos máis competitivos a través de sete sesións formativas de aceleración con temáticas como o marketing dixital, as redes sociais, a internacionalización, a capacidade de xestión mediante ferramentas, as técnicas de negociacións e as presentacións eficaces.

Datas: do 7 ao 28 de setembro
Horario: de 17:00 a 19:00 horas
Modalidade: en liña
Inscrición: ata o 2 de setembro ás 12:00 horas a través deste formulario ou no correo proxectoeusumo.usc@gmail.com

Ver máis

       
   


Cursos gratuítos en liña para o emprendemento 

O Concello de Narón, no marco da Rede Eusumo, organiza os seguintes cursos para fomentar o emprendemento: 

  • A fórmula cooperativa como iniciativa emprendedora.
  • Planificación empresarial no modelo cooperativo.
  • Financiamento. Instrumentos éticos e alternativos para emprender.
  • Responsabilidade social empresarial para as cooperativas.

Na web de Eusumo, pódese consultar toda a información relativa a estes cursos: datas, programa e obxectivos. 

Duración: 60 h cada curso
Modalidade: en liña
Inscrición: do 7 de setembro ao 8 de outubro a través deste formulario 

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela