LOADING

Boletín Nº 54 20 de febreiro de 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 54  20 / 02 / 2020
 
   

Descubre toda a normativa en materia de economía social

Neste novo apartado da web pódese consultar a normativa vixente a nivel comuntario, estatal e autonómico da economía social e das diferentes entidades que a forman.

 Ver máis

       
   

Cres noutra forma de facer empresa?

Desde a Rede Eusumo, poñemos á vosa disposición todos os mecanismos necesarios para facer da vosa idea unha realidade. Informámosvos de todas as axudas ás que podedes optar e ofrecemos un asesoramento personalizado, formación e máis servizos que podedes consultar no seguinte vídeo.

Ver máis

       
   

Resultados da Rede Eusumo no 2019

Coñece en detalle os datos relativos ás actividades realizadas pola Rede Eusumo en 2019: asesoramento, formación, actividades divulgativas, comunicación e moito máis. 

Ver máis

   
   

Queres internacionalizar o teu negocio?

Xa está aberto o prazo de inscrición ata o 23 de febreiro. Coñece o proceso de internacionalización comezando pola elección do mercado e a estratexia de acceso, ademais de realizar unha análise dos diferentes países aos que exportar e manexar técnicas de negociación para contactar con eles. 

Tamén se tratará o marketing internacional como forma de dar a coñecer o produto ou o servizo e facilitaranse ferramentas financeiras para a xestión operativa da exportación.

Datas: 24/02/2020 - 19/03/2020
Modalidade: en liña
Duración:  20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       
   

Buscas crear unha cooperativa no rural?

Coñece como activar os recursos dispoñibles; o potencial das cooperativas galegas como garantes de riqueza social e medioambiental; as oportunidades de negocio no ámbito rural;  e o rol da gandeiría nos novos plans de desenvolvemento sustentable así como a aplicación das novas tecnoloxías nos modelos de certificación de benestar animal e pastoreo. 

Data: 26/02/2020
Lugar: edificio Cooperativa "O Rodo". Rúa A Raña, 47 Rodeiro (Pontevedra)

Data: 27/02/2020
Lugar: edificio "Xallas Santa Comba SCG". Rúa de Concepción Areal, 21 Santa Coma (A Coruña)

Data: 28/02/2020
Lugar: edificio "Cooperativa Campodeza". Gresande, s/n, Lalín (Pontevedra)

Horario:  09:00 - 14:00 h
Inscricións: 981584783 / www.agaca.coop 

Ver máis

       
   

Impulsa o teu negocio co marketing dixital

Actualízate e aprende novos métodos de marketing e comunicación para poñer en práctica na túa entidade de economía social. 

Datas: 27/02/2020 - 20/03/2020
Modalidade: en liña
Duración:  20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
  Se ten interese en recibir noticias da Rede Eusumo, pode suscribirse ao boletín facendo clic aquí.
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela