LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 197 9 / 12 / 2022
 
       
   

O Centro de Estudos Cooperativos presentou o Informe economía social en Galicia 2021 co apoio da Xunta

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asistiu en Santiago de Compostela á presentación do Informe economía social en Galicia 2021, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) co apoio da Xunta.

Lorenzana salientou que a fórmula do cooperativismo avanza cara á igualdade, xa que o 51 % das persoas socias fundadoras das cooperativas constituídas en 2021 foron mulleres.

Ver máis

       
   

Transformación dunha comunidade de bens nunha sociedade laboral

Presentámosvos unha infografía na que se visualizan os pasos que se deben seguir para a transformación dunha comunidade de bens nunha sociadade laboral.

Podes contactar coa Rede Eusumo se precisas asesoramento neste proceso para poder desenvolvelo de forma áxil e certeira.

Ver máis

       
 
   
       
   

Coñece as cooperativas e as sociedades laborais

Desde a Rede Eusumo organizamos esta actividade en liña gratuíta para achegar o modelo cooperativo e as sociedades laborais ao público que quere emprender, ademais de mostrar experiencias reais de emprendemento mediante exemplos de entidades de éxito en Galicia.

Data: 14 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Horario: de 12:00 a 13:30 horas
Inscrición: ata o 13 de decembro de 2022 a través deste formulario

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela