|
Boletín Rede Eusumo Nº 050 23 / 01 / 2020
 |
|
 |
|
|
|
Queres descubrir a historia que alberga o noso cómic?
Podes descargalo a través da seguinte ligazón e coñecer todo o que os seus personaxes teñen que contar sobre a economía social. Ademais, na parte final terás a oportunidade de rematar a historia segundo desexes.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Participa e presenta a túa candidatura!
Aberta a convocatoria de Premios á Cooperación 2020 na que se outorgará un premio á cooperativa que máis sobresaíse no impulso dos valores e os principios cooperativos; un premio ao mellor proxecto cooperativo novo que destacase polas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais e teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses; e, por último, un premio á traxectoria cooperativa.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.
Para máis información, consulta a orde completa aquí.
Ver máis
|
|
|
 |
|
 |
|
Almorzo e cooperativismo, que relación gardan?
Moitos dos produtos alimentarios de calidade proveñen de empresas cooperativas galegas, grazas ás que realizamos almorzos nutritivos e saudables, ademais de achegar os valores da economía social entre os máis pequenos.
Con esta actividade foméntase non só unha alimentación saudable, senón tamén a implicación das familias na alimentación dos fillos e fillas e o coñecemento do cooperativismo a través de xogos en equipo.
Datas: 24/01/2020 - 30/01/2020
Horario: 09:00 - 12:00 h
Lugar: CEIP As Covas, Meaño (Pontevedra)
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Fórmate en economía social!
Durante o mes de febreiro realizaranse, por diferentes puntos do territorio galego, xornadas para fomentar a economía social e as súas fórmulas de emprendemento como xeradoras de emprego e de empresas de calidade.
Se tes interese en asistir, podes inscribirte a través do seguinte formulario, no teléfono 981558008 ou enviando un correo a eusumo.emprego@xunta.gal
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|