LOADING

Boletín Rede Eusumo Nº 036 10 de outubro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 036   10 / 10 / 2019
 
      

Axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego 

Publícanse no DOG as axudas para subvencionar centros especiais de emprego no período 2019-2022, para a realización de proxectos de formación dual baseados nun réxime de alternancia entre o emprego e a formación recibida.

Cada centro poderá presentar un máximo de dous proxectos orientados á obtención de diferentes certificados de profesionalidade, para o cal deberá cubrir unha solicitude por cada un deles.

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Ver máis

       
   

Coñeces o apartado de asesoría virtual da nosa web?

A través da asesoría virtual accederás a información sobre os procedementos administrativos relacionados co rexistro de cooperativas, o rexistro de sociedades laborais e o rexistro de centros especiais de emprego de Galicia así como a normativa aplicable.

Ver máis

       
   

Catálogo de actividades Eusumo

Buscas formación sobre economía social e emprendemento? A Rede Eusumo oferta diversas actividades coas que fomentar e ensinarlle os valores e os principios da economía social ao alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e universidade, así como a empresas, persoas emprendedoras etc. mediante unha aprendizaxe inclusiva e participativa.

Consulta o noso catálogo de actividades e se o precisas, solicita mais información no seguinte enderezo: eusumo.emprego@xunta.gal
 

Ver máis

   
       
   

Teleformación: A internacionalización nas entidades de economía social

Queres coñecer o proceso de internacionalziación e a súa xestión operativa diaria? Últimos días para inscribirte neste curso e aprender, ademais, a tomar decisións estratéxicas no momento de exportar a outros mercados.

Data: 14/10/2019 - 04/11/2019
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscriciónsformulario/981558008/eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       
   

Teleformación: A RSE nas entidades de economía social 

Coñece a metodoloxía e as ferramentas necesarias para analizar e avaliar as diferentes alternativas á hora de incorporar ou manter a RSE no teu modelo de negocio.

Se queres adentrarte no ámbito da responsabilidade social empresarial, este é o teu curso. Inscríbete!

Data: 16/10/2019 - 06/11/2019
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscriciónsformulario/981558008/eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

     
 

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela