LOADING

Boletín Nº59 (27 marzo 2020)

 
Boletín Rede Eusumo Nº 59  27 / 03 / 2020
 
 
 

Información para entidades de economía social sobre o Covid-19

Dada a situación social e laboral que estamos vivindo, queremos, desde a Rede Eusumo, poñer á vosa disposición  información relevante sobre as disposicións e medidas extraordinarias adoptadas como consecuencia do Covid-19, consideradas de especial interese para as entidades de economía social. 

Ver máis


 
       
 
 

Funcionamento dos rexistros durante a vixencia do período de alarma polo Covid-19

O estado de alarma decretado por mor do Covid-19 afecta á forma de actuar e relacionarnos coa Administración Pública. A limitación de movementos impide ou dificulta a presentación ante a Administración de documentación en formato papel, tamén dificulta o funcionamento dos órganos colexiados das empresas. A pesar da situación excepcional de peche das oficinas de atención presencial ao público, os rexistros de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción da Comunidade Autónoma de Galicia mantéñense operativos durante este período, e funcionarán de forma telemática.  

Ver máis


 
       
 
 

A Rede Eusumo segue operativa a través de canles en liña

Seguimos conectados, de maneira virtual, para axudarvos en calquera cuestión na que precisedes asesoramento. Ademais, ofrecémosvos formación en liña de calidade para aproveitar o tempo durante o confinamento. 

Correo electrónico eusumo.emprego@xunta.es
Teléfono: 981558008

Móbil: 610174389
  

 

       
   

Apóiate en experiencias alleas para emprender

No apartado "Comunicación" da nosa web poderás coñecer, a través de entrevistas, as experiencias de persoas que forman parte de entidades de economía social en Galicia. As súas traxectorias profesionais servirán de exemplo inspirador para dirixir ou impulsar o teu proxecto e sentirte preto doutros emprendedores ou traballadores que comparten as mesmas inquietudes. 

Ver máis

       
   

Aínda non coñeces a nosa sección de infografías?

Achégate e poderás visualizar de forma rápida e dinámica información relevante sobre a economía social. Explícanse cuestións como os requisitos que precisa unha sociedade para adquirir a cualificación de sociedade laboral; os factores clave para que unha entidade de economía social poida abrirse ao mercado internacional; ou o xeito de realizar o reembolso das achegas nas cooperativas, entre moitas outras. 

Se o precisas, podes descargar as infografías para a súa consulta.

Ver máis

   
   

Curso en liña para abordar con éxito a túa idea de negocio

Aprende de xeito práctico como facelo a través de diferentes pautas, recursos e coñecementos básicos que permiten emprender baixo as fórmulas de economía social con éxito.

Datas: 03 - 24/04/2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela