LOADING

Boletín Nº 90 5 NOVEMBRO 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 90  05 / 11 / 2020
 
   

A importancia da economía social na recuperación de Europa

Os próximos 24 e 25 de novembro, terá lugar a primeira conferencia científica virtual de economía social.  Reunirase unha ampla rede de investigadores e académicos que debaterán sobre o futuro da economía social en Europa, xa que se considera un motor de cambio e líder na provisión de bens e servizos esenciais. 

Se tes interese en asistir virtualmente á conferencia, podes inscribirte aquí

Para máis información accede a través desta ligazón.  

Ver máis

   
   

É o momento de emprender no medio rural!

A través das comunidades de montes veciñais é posible levar a cabo iniciativas innovadoras cos recursos agrarios dos que dispoñen, que permitan instaurar a cooperativa como fórmula para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo. 

Para levar á práctica esta idea de negocio cómpre saber como é a gobernanza e a organización nunha comunidade de montes veciñais, ademais de centrarse en aspectos como a fiscalidade; a titularidade e a defensa dos montes veciñais; os instrumentos de ordenación ou xestión forestal; e as iniciativas innovadoras no medio rural. 

Se queres saber máis, non o dubides e inscríbete! 

Datas: 09 - 13/11/2020
Horario: 16:00 - 19:00 h
Lugar: na  casa da sociedade, Creo - Esteiro, Muros (A Coruña)
Inscricións: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Ver máis

       
   

A economía social chega a USC

A través dunha mostra virtual, que terá lugar o próximo xoves 12 de novembro, realizaranse diversas actividades para dar a coñecer a economía social na contorna da USC. Entre elas haberá un panel de empresas no que se mostrarán as entidades de economía social cunha traxectoria exitosa; falarase das tendencias sectoriais e de xestión e oportunidades de negocios emerxentes; haberá showrooms virtuais para emprendedores mediante os que mostrar os seus proxectos; e un coloquio demolabs tecnolóxico para que aquelas entidades e grupos de investigación interesados poidan mostrar as súas tecnoloxías e aplicacións.  

Data: 12/11/2020
Horario: 11:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións para asistir como público: formulario 
Para máis informaciónhttps://usceconomiasocial.gal/

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela