|
Boletín Rede Eusumo Nº 89 29 / 10 / 2020
 |
|
 |
|
 |
|
Unha nova oportunidade para os proxectos participantes en Laces
O próximo 3 de novembro realizarase o primeiro networking virtual no que os proxectos participantes en Laces exporán os seus produtos, servizos ou intereses entre todas as persoas participantes. Con esta iniciativa búscase que compartan experiencias, recursos e coñecementos así como que aproveiten as sinerxías para impulsar novos proxectos ou alcanzar novos mercados.
Ademais, terá lugar un encontro entre proxectos transfronteirizos; haberá unha charla sobre como cooperar en tempos da covid-19; e, para finalizar, realizarase un scape room virtual no que se fomentarán os principais valores da economía social, como o traballo en equipo, a igualdade, a cohesión social, a motivación, a cooperación e o desenvolvemento persoal, entre outros.
Se formaches parte dun proxecto Laces e tes interese en participar nesta innovadora actividade, podes inscribirte aquí. Se precisas máis información, podes enviar un correo a incripcion.laces@gmail.com.
Ver máis
|
|
|
 |
|
 |
|
Gustaríache xestionar e sacar o máximo rendemento dunha comunidade de montes veciñais?
Con esta formación terás a oportunidade de aprender como é a gobernanza e a organización nunha comunidade de montes veciñais. Para iso, será fundamental centrarse en aspectos como a fiscalidade, a titularidade e a defensa dos montes veciñais, os instrumentos de ordenación ou xestión forestal e as iniciativas innovadoras no medio rural.
Datas: 02 - 06/11/2020
Horario: 16:00 - 19:00 h
Lugar: na sala multiusos do concello de Lobios, Ourense
Inscricións: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Queres formar parte dunha cooperativa gandeira?
Coñece o que esta fórmula viable de autoemprego pode ofrecerche e as habilidades sociais que necesitas para poñela en práctica.
Aproveitar os recursos dos que dispoñemos e explotalos pode supoñer unha importante saída laboral nos tempos que corren, inscríbete e descúbreo en primeira persoa!
Datas: 02 - 06/11/2020 e 09 - 13/11/2020
Horario: 15:00 - 19:30 h
Lugar: nas instalacións do Círculo de Artesáns da Coruña, rúa San Andrés, 36, A Coruña.
Inscricións: 881965692 / cooperativas@ecosdosur.org
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Como xestionar conflitos nunha entidade de economía social
Para a súa aplicación práctica na empresa, facilitaranse as ferramentas necesarias coa finalidade de implantar órganos corporativos eficaces que permitan xestionar reunións eficientes e equipos de traballo unidos. Ademais, falarase das principais características das entidades de economía social, dos seus órganos sociais de xestión, das principais causas de conflito e das técnicas e das tácticas para xestionar un procedemento de negociación.
Datas: 09 - 12/11/2020
Horario: 16:00 - 20:00 h
Lugar: nas instalacións da Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar, s/n, Lugo.
Inscricións: formulario / formacion@fundacioncel.org / 982284150
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|
|

|
|
|
|
|
|