LOADING

Boletín Nº 87 15 OUTUBRO 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 87  15 / 10 / 2020
 
   

Asiste como público á Feira virtual de economía social 

Diferentes entidades expositoras de economía social daranse cita o próximo 30 de outubro, para amosar os seus produtos ou servizos. 

Se tes interese en asistir como público, podes inscribirte a través deste formulario e se a maiores queres solicitar unha reunión con algunha das empresas expositoras podes facelo a través deste outro formulario ata o 26 de outubro. É gratuíto e supón unha nova experiencia para asistir a unha feira virtualmente. O encontro realizarase a través da aplicación Zoom. 

Para máis información podes chamar ao 610174388. 

Ver máis

       
   

NOVAS DATAS para a Mostra do Posible

Esta fin de semana terá lugar un encontro de entidades de economía solidaria e de movementos sociais galegos co que se quere darlles visibilidade ás alternativas que existen para construír un mundo máis xusto e solidario. 

Se formas parte dun movemento social ou dunha cooperativa de economía social e queres participar na Mostra do Posible, aínda estás a tempo de inscribirte!

Datas: 17 - 18/10/2020 
Horario: sábado de 12:00 - 20:00 h e domingo de 12:00 a 19:15 h
Lugar: Cangas do Morrazo
Inscrición: formulario
Máis información: info@mostradoposible.gal

Ver máis

       
   

Coñeces o cohousing?

Seguro que en varias ocasións escoitaches falar das vivendas cooperativas deseñadas principalmente para persoas maiores e que supoñen unha alternativa habitacional. Nesta formación compartiranse experiencias reais e boas prácticas, proporcionaranse exemplos de ferramentas de financiamento e trataranse aspectos útiles para poñer en marcha este tipo de proxectos. 

Data: 22/10/2020
Horario: 10:00 - 14:00 h
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop ou da aplicación Zoom
Inscricións:  formulario / tino@espazo.coop / 881887456

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela