LOADING

Boletín Nº 86 8 OUTUBRO 2020


Para visualizar o boletín só ten que facer clic na imaxe e verá as novas en detalle.
Se non visualiza o boletín, pode informarse premendo aquí.
 
 
Boletín Rede Eusumo Nº 86  08 / 10 / 2020
 
    Nota informativa sobre a posibilidade de presentar documentación por medios electrónicos

Os rexistros de cooperativas de Galicia informan de que é posible tramitar integramente por medios electrónicos aqueles procedementos nos que toda a documentación presentada estea asinada dixitalmente (cualificación previa dos estatutos sociais, depósito de contas, inscrición de acordos de nomeamentos e ceses e actos relativos a cooperativas xuvenís, entre outros).
Nestes casos, o Rexistro de Cooperativas verificará a validez das sintaturas dixitais, polo que non será necesaria a lexitimación notarial da sinatura nin a comparecencia presencial ante o rexistro para a súa autenticación.
 
   
   

Como traballamos nas cooperativas!

Esta actividade formativa ten como destinatarias principais as cooperativas, co fin de atender as súas necesidades formativas en materia de xestión empresarial e capacitación para a dirección e a xerencia, mellorar a dirección empresarial, así como potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias para establecer alianzas futuras.

Datas: 13 - 27/10/2020
Modalidade: en liña
Duración: 15 h
Inscricións: formulario / 881887456 / patane@espazo.coop

Ver máis

       
   

Aprende sobre marketing dixital e redes sociais

Na actualidade, para impulsar o teu negocio ou posicionar o teu proxecto é fundamental ter presenza dixital e saber como xestionala.
Nesta formación aprenderás todo o que precisas saber sobre o deseño estratéxico dun plan de marketing dixital, o uso profesional das redes sociais, o deseño e o mantemento dunha páxina web e a realización de campañas publicitarias sinxelas.

Datas: 14 - 16/10/2020
Horario: 09:00 - 14:00 h
Lugar: na Cámara de Comercio de Santiago, edificio do viveiro de empresas, República Checa 40, Pol. Costa Vella, Santiago de Compostela
Inscricións: www.camaracompostela.com

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

 Se ten interese en recibir noticias da Rede Eusumo, pode suscribirse ao boletín facendo clic aquí.
 Se non quere seguir recibindo o boletín, pode darse de baixa.

   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela