|
Boletín Rede Eusumo Nº 85 01 / 10 / 2020
 |
|
 |
|
 |
|
O Foro Galego de Economía Social intégrase en CEPES
A Xunta Directiva da Confederación Empresarial Española de Economía Social, CEPES, acordou por unanimidade a incorporación do Foro Galego de Economía Social como membro de pleno dereito.
O presidente de CEPES destaca que esta incorporación é de grande importancia para darlle visibilidade e recoñecemento á economía social galega, de forma que teña presenza dentro das políticas públicas autonómicas e municipais, debido ao seu importante impacto a nivel de emprego e creación de riqueza a nivel económico e social.
|
|
|
|
|
|
 |
|
FAQ sobre centros especiais de emprego
Seguimos ampliando contido no novo apartado da web de "Preguntas frecuentes". Esta semana centrámonos nos centros especiais de emprego. Proximamente subiremos información sobre as empresas de inserción.
Recorda que ti tamén podes sumar enviándonos a túa dúbida ou consulta a eusumo.emprego@xunta.gal
|
|
|
 |
|
 |
|
A igualdade nas cooperativas
Un dos principios básicos da economía social, polo que se diferencia doutras entidades e relacións laborais, é a igualdade.
Se queres coñecer os principios básicos da igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, ademais do funcionamento e a elaboración dos plans de igualdade nas cooperativas, esta formación interésache!
Datas: 2 - 23/10/2020
Modalidade: mixta (40 h en liña e 10 h presenciais)
Inscricións: info@apegalicia.es / 981558374
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Buscas formarte na xerencia dunha entidade de economía social?
Dirixida a persoal de sociedades laborais, de entidades de economía social e persoas interesadas en xeral, nesta formación trataranse, entre outras cuestións, o deseño dun modelo de negocio, o financiamento, a xestión do equipo de traballo, a planificación estratéxica ou a súa publicidade entre a clientela.
Datas: 6, 8, 13, 15 e 20/10/2020
Horario: 16:00 - 18:00 h
Modalidade: en liña
Duración: 14 h de formación e 2 h de consultoría individual
Inscricións: formulario / 616703186
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Queres aprender a desenvolver as túas capacidades directivas na xestión dunha cooperativa?
Nesta formación, as persoas que teñen funcións ou responsabilidades nos cadros directivos das súas organizacións, poderán coñecer desde a práctica as condicións necesarias para a xestión do modelo cooperativo; contribuirán a poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas; coñecerán recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e o resto do equipo; e aprenderán a potenciar a creación de redes de intercambio e colaboración entre as persoas participantes.
Datas: 8 -23/10/2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|