LOADING

Boletín Nº 82 10 SETEMBRO 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 82  10 / 09 / 2020
 
 
 

Algunha vez participaches nunha feira virtual?

O próximo 30 de outubro convidámoste a formar parte da segunda Feira Virtual de economía social organizada pola Confederación de Empresarios de Ourense. 

É unha boa oportunidade para amosar os teus produtos ou servizos tanto se tes unha entidade de economía social como un proxecto emprendedor relacionado con ela. Inscríbete ata o 28 de setembro!

Podes consultar o programa do evento aquí

Ver máis

   
   

Estas pensando en internacionalizar o teu negocio?

Aprende como! Neste curso terás a oportunidade de coñecer aspectos claves sobre o proceso de internacionalización tanto relativos ás operacións internacionais como ás barreiras e os riscos que poden xurdir. Ademais, farase especial mención a como xestionar o comercio exterior en tempos da covid-19 e a maneira de relacionarse co resto de países. 

Datas: 21 -29/09/200 
Horario: 11:00 - 14:00 h
Duración: 15 h
Lugar: Cámara de Comercio de Santiago, rúa República Checa, 40, Polígono Costa Vella, Santiago de Compostela
Inscricións: www.camaracompostela.com

Ver máis

       
   

Como comunicar en tempos de pandemia?

Con esta nova realidade cómpre descubrir novas formas de chegar á clientela. Para iso é fundamental coñecer programas e ferramentas que faciliten a comunicación, así como aprender as pautas básicas que permiten configurar un plan de comunicación. Adáptate aos tempos e inscríbete! 

Datas: 22, 24 e 29/09/2020
Horario: 16:00 - 18:00 h
Modalidade: en liña 
Inscricións:  formulario / aesgal@aesgal.org / 616703186

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela