|
|
|
Culturgal, dálle unha volta á feira!
Do 27 ao 29 de novembro terá lugar, un año máis, a Feira das Industriais Culturais de Galicia no Pazo da Cultura en Pontevedra. Esta edición celebrarase garantindo todas as medidas de seguridade esixidas e será unha versión adaptada á situación actual que contribuirá á recuperación e a revitalización de todas as fases da actividade cultural.
A mediados de setembro terá lugar a apertura das convocatorias dos stands para todas as persoas que queiran participar. Contamos contigo!
Ver máis
|
|
|
|
Descubre as novas sobre a economía social na nosa sección de infografías
Achégate e visualiza de forma rápida e dinámica información relevante sobre a economía social.
Explícanse cuestións como os requisitos necesarios para adquirir a cualificación de sociedade laboral; os factores clave para que unha entidade de economía social poida abrirse ao mercado internacional; ou o xeito de realizar o reembolso das achegas nas cooperativas, entre moitas outras.
Se o precisas, podes descargar as infografías para a súa consulta.
Ver máis
|
|
 |
|
Queres crear unha cooperativa e non sabes como?
Se tes interese en coñecer máis sobre esta fórmula de autoemprego, non o dubides e inscríbete! Aprenderás cuestións de interese sobre as cooperativas como empresas, con especial atención á normativa que as regula. Ademais afondarase na forma de comercializar os produtos ou servizos e a importancia do marketing, así como nas habilidades directivas que se precisan para xestionar unha cooperativa.
Datas: 06, 08, 13, 15 e 20/10/2020
Horario: 16:00 - 19:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: 981584783 / agaca@agaca.coop
Ver máis
|