LOADING

Boletín Nº 80 27 AGOSTO 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 80  27 / 08 / 2020
 
   

Día Internacional do Cooperativismo

Este ano 2020, o Día do Cooperativismo dedicouse á acción polo clima.

O modelo empresarial cooperativo baséase en principios fundamentais como son o seu compromiso co territorio, o interese pola comunidade, a responsabilidade social e a sustentabilidade. Por esa razón, desde Eusumo queremos sumarnos a este compromiso de coidado do medio achegando diferentes iniciativas de cooperativas galegas neste eido que serven como contribución á mellora do planeta.

Ver máis

   
   

Obradoiro sobre alimentos agroecolóxicos sans e de proximidade

Formación presencial na que se analizará e se reflexionará sobre as novas formas de consumo de alimentos, como son os alimentos ecolóxicos, os da economía social e solidaria, e tamén as tendencias do seu mercado, como a economía colaborativa ou outras alternativas ás canles habituais de venda e consumo.

Datas: do 31/08 ao 04/09/2020
Lugar: no centro biocárnico Traloagro, polígono industrial de Friol, Lugo
Duración: 20 h
Inscricións: 982238000 / 679732163 / info@comarcadelugo.gal

Ver máis

       
   

Aprende novos métodos de marketing e comunicación para aplicar na túa entidade de economía social

Aproveita a ocasión e fórmate neste curso gratuíto en liña. Aprenderás desde cero conceptos claves do ecosistema dixital e o plan de marketing, da creación de proxectos web, de redes sociais e marketing de contidos, de posicionamento SEO e de analítica web.

Datas: do 03 ao 24/09/2020
Modalidade: el liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       
   

Quedaches sen praza no curso de xestión contable e fiscal en cooperativas?

Temos unha nova para ti, arranca a segunda edición do curso!

Aprende sobre o capital social e os resultados contables, así como sobre as bonificacións fiscais aplicadas na tributación cooperativa e a liquidación do imposto de sociedades para, a través de diversos supostos, poder aplicar na práctica. 

Datas: do 22/09/2020 ao 08/10/2020
Modalidade e horario: en liña, con 4 sesións virtuais a través da plataforma de teleformación. O 22 de setembro de 10:30 a 12:00 h; o 29 de setembro de 10:30 a 12:30 h; o 1 de outubro de 10:30 a 11:30 h; e o 8 de outubro de 10:30 a 12:30 h
Duración: 15 h 
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela