LOADING

Boletín Nº 77 6 AGOSTO 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 77  06 / 08 / 2020
 
 
 

Coñece os resultados das entidades de economía social galegas no 1.º semestre de 2020

Achegámosvos os resultados acadados polas entidades de economía social galegas durante o primeiro semestre de 2020. 

Este ano teñen especial importancia, xa que mostran a perdurabilidade deste tipo de entidades e a creación doutras novas, así como a súa adaptación á actual situación económico-sanitaria.

Ver máis

       
 
 

Informe de actividade da economía social de Galicia do 1.º semestre de 2020

Neste informe terás acceso a datos de interese referentes á economía social galega, á Rede Eusumo e ás diferentes axudas publicadas, así como aos cambios destacados durante o 1.º semestre de 2020 referidos ao papel da muller na economía social e ás consecuencias da covid-19. Por último, recóllese un resumo dos resultados acadados en cifras. 

Ver máis

   
   

Buscas formación en liña de calidade?

Desde a Rede Eusumo apostamos máis que nunca por esta modalidade formativa e poñemos á túa disposición cursos de temáticas moi variadas que poden ser de grande utilidade para o teu negocio ou para ampliar coñecementos en múltiples áreas.  

Nas próximas semanas comezará novamente a formación en liña, á que poderás acceder a través da nosa web. 

Recorda que polo momento está en marcha Eusumo Flash, como formación en liña adaptada a ti, na que compartimos vídeos con temáticas moi variadas e na que aínda podes inscribirte

Descubre neste vídeo todas as vantaxes da nosa formación en liña. 

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela