|
Boletín Rede Eusumo Nº 76 31 / 07 / 2020
 |
|
 |
|
|
|
Programa de axudas a Centros Especiais de Emprego
Publicadas no DOG as axudas a Centros Especiais de Emprego. Poderán solicitalas tanto aqueles que xa estean inscritos no Rexistro de CEE de Galicia como aqueles que teñan solicitada a cualificación como tales ou a ampliación de novos centros de traballo.
A finalidade destas axudas é garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade mediante subvencións a estes centros a través destes tres programas: Programa I de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social; Programa II de axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica; e Programa III de axudas ao financiamento parcial do custo salarial das persoas con discapacidade.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñece o proceso de transformación dunha sociedade nunha cooperativa
Nesta infografía pódense analizar todos os pasos para transformar calquera tipo de sociedade nunha cooperativa, desde a solicitude do certificado negativo de denominación da cooperativa ata a elevación a escritura pública do acordo de transformación e a inscrición no rexistro de cooperativas.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Resultados da Rede Eusumo no primeiro semestre de 2020
Coñece en detalle os datos relativos ás actividades realizadas pola Rede Eusumo no primeiro semestre do ano 2020: asesoramento, formación, actividades divulgativas, comunicación e moito máis.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|