Apoderamento de mulleres socias de cooperativas
Con esta actividade preténdese impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenza da muller nos órganos directivos das cooperativas; fomentar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios ociosos; e formar mulleres socias en novas actividades produtivas mediante casos de éxito.
O obradoiro dividirase en tres sesións: unha primeira na que se tratarán as oportunidades do sector primario e o apoderamento das mulleres socias; unha viaxe para coñecer experiencias cooperativas no ámbito agrario e social; e unha exposición de casos prácticos de novos cultivos e produción agropecuaria.
Datas: 27, 28 e 29/07/2020
Horario: 27 e 28 de xullo de 18:00 a 22:30 h e o 29 de xullo de 15:00 a 21:00 h
Lugar: Bodega Paco&Lola, S.Coop. Galega en Xil, Meaño (Pontevedra)
Inscricións: 981584783 / agaca@agaca.com
Ver máis
|