|
Boletín Rede Eusumo Nº 74 16 / 07 / 2020
 |
|
 |
|
|
|
Axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas pola covid-19
Publicadas no DOG as axudas a organismos intermedios para a contratación, por conta allea, de persoas técnicas superiores e profesionais especialistas que no momento da súa contratación sexan persoas desempregadas durante un período de oito meses, de maneira que se facilite ás pemes e micropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas como consecuencia da covid-19.
A contía das axudas establecerase en función da titulación sendo a mínima de 10 000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.
Ver máis
|
|
|
 |
|
 |
|
Coñece Eusumo flash!
Desde Eusumo tamén queremos reinventarnos e por iso creamos Eusumo Flash. A través deste tipo de formación en liña, que se actualizará con frecuencia, trataremos de achegarvos información de interese en relación coa economía social, sen prazos de inscrición nin visualización. Tratarase sempre de pílulas informativas de entre 20 e 30 minutos aproximadamente con información de interese sobre unha temática concreta.
Esta semana achegámosvos a posibilidade de celebrar asembleas telemáticas; o proceso que se debe seguir; os aspectos que se deben ter en conta antes de celebrala; o papel da persoa moderadora; e a validez dos acordos e dos votos, entre outras cuestións.
Formación adaptada a ti! Non perdas a oportunidade e inscríbete!
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / eusumo.emprego@xunta.es / 981558008
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Formación in situ en explotacións agrogandeiras sobre medidas de seguridade ante as enfermidades emerxentes - covid 19
Nesta nova realidade precísase tomar todas as medidas sanitarias necesarias para combater non só a covid-19 senón tamén outras enfermidades emerxentes que poidan xurdir.
Por esta razón, desde a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias proporciónase formación para gandeiros e agricultores socios das cooperativas sobre o coronavirus e o sars-cov-2, empezando por definir que é cada un dos virus, a súa transmisión e os seus síntomas; e centrándose principalmente nas medidas de prevención e nas normas de actuación.
Inscricións: 981584783/ agaca@agaca.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
"Smart village" e a nova ruralidade
O mundo rural está cada vez máis preto de adaptarse definitivamente ás novas tecnoloxías e de dar a coñecer todo o que pode achegar á sociedade na actualidade.
Para iso, é preciso poñer en práctica proxectos dirixidos a revitalizar as zonas rurais a través da innovación social e dixital; abordar as necesidades de dixitalización do medio rural e as características dos territorios rurais intelixentes; descubrir as liñas económicas vinculadas neste ámbito; e desenvolver proxectos piloto para a posta en práctica de vilas intelixentes que poidan servir de exemplo para outros municipios ou zonas con condicións estructurais socioeconómicas similares.
Datas: do 20 ao 24/07/2020
Horario: 16:00 - 20:00 h
Duración: 20 h
Lugar: no salón de actos do Centro Sociocultural de Friol
Inscricións: 982238000 / 679732163 / info@comarcadelugo.gal
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|