|
Boletín Rede Eusumo Nº 73 09 / 07 / 2020
 |
|
 |
|
|
|
Campaña "Coñecemos a fórmula para construír un futuro mellor"
A partir do 6 de xullo e durante dúas semanas, mostraranse nas diferentes canles da Rede Eusumo experiencias directas de diferentes cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e entidades de inserción galegas para visibilizar os beneficios dunha economía centrada nas persoas.
O obxectivo é propiciar que as empresas medren e se consoliden no mercado ao tempo que impulsan un emprego de calidade e se preocupan pola sustentabilidade social e ambiental.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Axuda Cheque autónomo
A concesión desta axuda económica está destinada ás persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que non percibisen a prestación por cese temporal da actividade debido á covid-19, para que poidan facer fronte aos gastos xerados durante este tempo.
A contía das axudas é de 600 euros para promocionar o envío de produtos finais a domicilio e de ata 1 200 euros para sufragar gastos de permanencia nunha plataforma de e-commerce, entre outras.
O prazo de presentación das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.
Ver máis
|
|
|
 |
|
 |
|
E se traballamos en equipo?
Coñece como se traballa nunha cooperativa, as habilidades de comunicación e de xestión social necesarias para desempeñar as tarefas diarias en grupo, así como o procedemento de toma de decisións que afectan á entidade.
Datas: do 21/07/2020 ao 04/08/2020
Duración: 20 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|