|
Boletín Rede Eusumo Nº 70 18 / 06 / 2020
 |
|
 |
|
|
|
Webinar sobre as medidas de reactivación económica
Se tes interese en coñecer as medidas económicas existentes para entidades de economía social, autónomos e pemes en Galicia, non dubides en inscribirte ao webinar que terá lugar mañá, 19 de xuño, ás 11:00 horas coa participación do Foro pola Economía Social de Galicia, a Secretaría Xeral de Emprego e o Igape.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
As mulleres suman na economía social de Galicia
Máis de 150 mulleres pasaron xa polo curso Medrando Xuntas nestas catro edicións, cun itinerario para directivas e outro para socias e traballadoras de entidades de economía social de Galicia.
Neste artigo, algunhas alumnas contan as súas impresións e experiencias na participación nesta edición de 2020.
Se queres saber máis, podes ver neste vídeo o balance global do programa.
|
|
|
|
Queres ser un dos proxectos elixidos para participar neste espazo de emprendemento?
Envía a túa candidatura a través da web www.pontupstore.com ata o 10 de xullo e participa na 7.ª edición do Pont-up store que terá lugar os días 17, 18 e 19 de setembro na Praza de España de Pontevedra.
Contarás cunha caseta gratuíta durante dous días para presentar o teu proxecto de emprendemento. Ademais, poderás propoñer actividades demostrativas para o programa e ser unha das 10 persoas seleccionadas para explicar o seu proxecto a importantes empresas e entidades galegas.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualización da información sobre o funcionamento dos rexistros de entidades de economía social
Desde Eusumo achegámosche todas as novidades de interese para as entidades de economía social sobre a covid-19.
Nesta ocasión actualizamos as notas informativas sobre o funcionamento dos rexistros de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral, que poderás consultar na nosa web.
Ver máis
|
|
|
 |
|
 |
|
Sabes como xestionar un conflito?
Aprende habilidades sociais que permitan resolver cuestións que se presentan na nosa vida diariamente. Nesta formación poderás coñecer as diferentes fontes das que xorde e os estilos de resolución.
Datas: 25, 26, 29 e 30/06/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Duración: 20 h
Lugar: no salón de plenos do Concello de Sada, avda. do Porto, 24, Sada.
Inscricións: formulario / 620765150 / aedl@sada.gal
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|