LOADING

Boletín Nº 69 11 XUÑO 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 69  11 / 06 / 2020
 
 
 

O éxito das cooperativas

Sabías que máis do 71 % das cooperativas galegas segue en activo aos 10 anos desde a súa constitución? Descubre máis datos de interese sobre estas entidades de economía social neste vídeo

Ver máis

       
 
 

Modificacións no réxime establecido no Real Decreto-lei 8/2020 de medidas aplicables como consecuencia do estado de alarma a todas as entidades de economía social

O Real Decreto-lei 21/2020 recolle as seguintes novidades:

Esténdese ata o 31 de decembro de 2020 a posibilidade de celebrar as sesións dos órganos de goberno e de administración, do consello reitor ou do patronato a través de videoconferencia ou por conferencia telefónica múltiple, aínda que os estatutos non o recollan. 

Así mesmo, estes órganos tamén poderán, ata o 31 de decembro de 2020, adoptar acordos por votación por escrito e sen haber sesión, sempre que o decida a presidencia se o solicitan polo menos dous membros do órgano. 

Tamén se permitirá a celebración do mesmo modo e ata a mesma data das xuntas ou asembleas de asociados ou de persoas socias. 

Ver máis

       
 
 

Estreamos novo apartado na web de Eusumo

Tes algunha pregunta sobre as sociedades laborais ou cooperativas? Consulta no novo apartado "Preguntas frecuentes" da nosa web toda a información con respecto a estas entidades de economía social.

Seguiremos ampliando contido relativo a outras cuestións de interese nas vindeiras semanas. Ademais, ti tamén podes sumar enviándonos a túa dúbida ou consulta a eusumo.emprego@xunta.gal

Ver máis

   
   

Tes un intre para un café?

Cegasal convida aos seus centros asociados a abordar a situación da economía social en Galicia, así como as medidas extraordinarias solicitadas á administración autonómica como consecuencia da covid-19. 

Ademais, trataranse outros aspectos de interese como o asesoramento ante a crise sanitaria, o financiamento e a contratación pública.

Datas: 15/06/2020
Horario: 10:00 - 11:30 h
Destinatarios: socios de Cegasal
Modalidade: en liña (a través de skype)
Inscricións: info@cegasal.com

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela