|
|
|
Toledo, elixida Capital Europea da Economía Social
Por que Toledo? Denominada "a cidade das tres culturas", pola convivencia pacífica durante séculos de cristiáns, musulmáns e xudeus, Toledo é un exemplo de tolerancia e diálogo, e un punto de encontro e exemplo de entendemento entre civilizacións.
Toledo defenderá a importancia da economía social no desenvolvemento económico cunha aposta pola innovación e o desenvolvemento sustentable, así como a súa visibilización e difusión como modelo de futuro dos diferentes países, especialmente como modelo para a mocidade.
Ver máis
|
|
|
|
SEGUE ABERTA a convocatoria das axudas Aprol 2020 ata o 30 de setembro
Aínda estás a tempo de presentar a túa solicitude para a concesión de subvencións destinadas ao fomento do emprendemento en cooperativas e sociedades laborais.
Consulta na nosa web toda a información. Ademais, podes visualizar este vídeo no que se presenta de forma dinámica e fácil un resumo das axudas.
|
|
 |
|
Formación xerencial
Nesta teleformación trataranse, entre outras, cuestións como o deseño dun modelo de negocio; o tipo de financiamento; a xestión do equipo de traballo; ou a planificación estratéxica que se pode levar a cabo e a súa publicidade entre a clientela.
Datas: 09, 16, 23 e 30/06/2020 e 07/07/2020
Horario: 16:00 - 18:00 h
Modalidade: en liña
Duración: 14h de formación e 2 de consultoría personalizada
Inscricións: formulario / 679342558 / aesgal@aesgal.org
Ver máis
|