LOADING

Boletín Nº 66 21 MAIO 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 66  21 / 05 / 2020
 
 
 

Axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras

Está vixente ata mañá, 22 de maio, o programa I de axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social, e ata o próximo 2 de outubro o programa II coas axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou en situación de exclusión social.

Ver máis

       
 
 

Axudas ás entidades sen ánimo de lucro para a realización dun programa de posta a punto para o emprego

Mañá, 22 de maio, finaliza o prazo para que certas entidades sen ánimo de lucro poidan presentar a súa solicitude para optar a esta axuda e comezar cun programa de posta a punto para o emprego dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras do Risga.  

Ver máis

       
 
 

Información COVID-19

Consulta toda a información actualizada a través desta sección. 

Ver máis

   
   

Buscas ampliar coñecementos no ámbito da contabilidade?

Aprende os conceptos e os instrumentos clave da contabilidade e as finanzas para xestionar unha entidade de economía social. Para iso afondarase principalmente nos estados financeiros (os principios xerais da contabilidade, o balance de situación, a conta de resultados e o punto de equilibrio) e os custos (directos e indirectos, os gastos e pagos e as amortizacións). 

Ademais, contarás coa axuda dun titor especializado na materia ao que trasladarlle calquera tipo de  dúbida ou cuestión ao respecto. Non o penses máis e inscríbete!

Datas: 01 - 22/06/2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela