LOADING

Boletín Nº 63 30 ABRIL 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 63  30 / 04 / 2020
 
 
 

Novas disposicións

O Real Decreto Lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego, dispón, nos seus artigos 13 e 14, medidas que afectan directamente ás entidades de economía social, en concreto, ás cooperativas e ás sociedades laborais.

Coñece en detalle estas disposicións na nosa web.

Ver máis

       
 
 

Descubre o labor da cooperativa Lémbrate

Esta cooperativa de traballo asociado, que se dedica ao servizo sociosanitario especializado na prevención de enfermidades neurodexenerativas, lanza a iniciativa solidaria Corenta Activa. O obxectivo é animar os nosos maiores a manter unha rutina saudable desde as súas casas a través de consellos básicos. 

Ver máis

   
   

Mellora a comunicación da túa empresa na actualidade!

A través de diferentes pautas poderás aprender a reenfocar a comunicación da túa empresa adaptándoa á situación actual. Como relacionarse cos medios? Que notas de prensa escribir e que contar en conferencias de prensa? Que pautas debe seguir o portavoz? Como combater a crise? De que maneira involucrar o teu equipo de traballo e que cousas comentar a nivel interno? Estas son algunhas das preguntas ás que se lles dará resposta no curso.

Datas: 18/05/2020 - 08/06/2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela