|
Boletín Rede Eusumo Nº 62 23 / 04 / 2020
 |
|
 |
|
|
|
Acordo do Consello Galego de Cooperativas
O Consello Galego de Cooperativas acorda que, durante o exercicio de 2020, todas as cooperativas galegas poidan destinar o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa ao impulso cultural, profesional e social da comunidade en xeral, de maneira que sexan atendidas necesidades derivadas da pandemia orixinada polo Covid-19.
A idea é que todas aquelas cooperativas interesadas poidan doar cartos ou material sanitario e axudar a institucións do ámbito sanitario e asistencial así como a organismos que traballen para erradicar esta pandemia.
Pódese consultar a resolución aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta de Galicia segue apostando pola economía social
O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse con representantes do Foro pola Economía Social para avaliar como lles está afectando a situación actual e que medidas se poden adoptar para paliar as consecuencias.
Polo momento, as entidades de economía social (entre elas as cooperativas ou sociedades laborais) poden acollerse ás iniciativas impulsadas para dar liquidez de xeito inmediato, como os préstamos de ata 200 000 euros sen xuros ou o aprazamento das cotas de amortización e xuros de préstamos formalizados co Igape.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Queres informarte das novidades que se produzan en relación coas medidas económicas e laborais adoptadas polo Covid-19?
Descarga a nova aplicación gratuíta da Xunta de Galicia e mantente ao día de todas as axudas, a normativa e as circulares vinculadas á problemática do coronavirus, así como das principais novidades que se trasladen desde a Administración Xeral do Estado.
Para máis información chama ao 665919781 ou envía un correo a hola@gohu.es
Ver máis
|
|
|
 |
|
 |
|
É o momento de reinventarte!
Formación en liña para coñecer novas ferramentas dixitais para a xestión diaria da túa entidade de economía social, que facilitan o traballo colaborativo, a organización de tarefas e proxectos, a comunicación interna e externa e a venda en liña.
Datas: 06 - 27/05/2020
Modalidade: en liña
Duración: 40 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|