LOADING

Boletín Nº 61 (16 ABRIL 2020)

 
Boletín Rede Eusumo Nº 61  16 / 04 / 2020
 
   

Coñece a historia da sociedade laboral "Animosa. Alma y coraje"

Este equipo de emprendedoras reinvindica cos seus produtos de roupa e artigos de papelería o papel das grandes mulleres da historia, a través das mensaxes e as imaxes de apoderamento feminino das súas coleccións.

Nesta entrevista coméntannos que a economía social lles permitiu un xeito de traballo máis colaborativo e ilusionante e que a súa maior fortaleza é a facilidade que teñen para adaptarse aos cambios, así como un sistema de organización das tarefas moi medido.

Se queres coñecer máis sobre o seu "traballo con alma", como din elas, accede á entrevista completa.

Ver máis

       
   

Que entidades están vinculadas á economía social?

Dentro do apartado "Promoción" da web da rede Eusumo, poderás acceder a ligazóns de interese onde aparecen todas as entidades relacionadas coa economía social e que proporcionan valor a esta fórmula de autoemprego.

Ver máis

       
   

Información sobre o Covid-19

Desde a rede Eusumo seguimos actualizando toda a información e documentación relevante sobre as medidas extraordinarias adoptadas como consecuencia da crise do coronavirus, como a guía do Ministerio de Traballo e Economía Social sobre as medidas do Covid-19 aplicables a persoas autónomas ou un documento con preguntas e respostas sobre a prestación extraordinaria de cesamento de actividade para autónomos/as afectados pola pandemia, entre outros.

Ver máis

   
   

Sácalles partido ás novas tecnoloxías!

Coñece que son e a súa importancia; as posibilidades de mellora que achegan a túa entidade de economía social, así como as destrezas de comunicación para poñer en práctica nunha páxina web, un blog, en redes sociais etc.

Datas: 21/04/2020 - 13/05/2020
Modalidade: en liña
Duración: 40 h
Inscricións: formulario / 881 887 456 / patane@espazo.coop

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela