LOADING

Boletín Nº 56 5 de marzo de 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 56  05 / 03 / 2020
 
   

A cualificación das sociedades laborais

Nesta infografía podes consultar os requisitos que ten que cumprir unha sociedade para ser cualificada como laboral e cales son as súas obrigas para manter esta cualificación. 
 

Ver máis

       
   

O Igape quere axudarte

Queres emprender? Tes unha empresa? Traballas por conta propia? Formas parte dunha peme ou gran empresa? Visualiza o mapa de apoios do Igape do 2020 e infórmate sobre os recursos que ofrece, a listaxe dos programas nos diferentes ámbitos de actuación, as axudas ou servizos, as entidades beneficiarias e os prazos de presentación. 

Para máis información podes acceder á web do Igape, chamar ao 900815151 ou enviar un correo a informa@igape.es

Ver máis

   
   

Como afrontar unha negociación comercial

Crear unha estratexia comercial para a túa entidade acorde á estratexia empresarial implicará un crecemento do negocio.  A través de situacións reais, ferramentas e técnicas concretas poderás afrontar negociacións especializadas neste ámbito. 

Datas: 09 - 12/03/2020
Horario: de tarde
Lugar:  nas instalacións da Fundación CEL, Pazo de feiras e congresos de Lugo.
Inscricións: formulario / 982284150

Ver máis

       
   

Queres posicionar o teu proxecto?

Aprende a elaborar un plan de comunicación da túa marca persoal ou empresarial, a utilizar as redes sociais para posicionar o teu negocio e a valorar a posibilidade de contar cun community manager.  Aumentar a venda do teu produto ou servizo depende de ti, actualízate!

Datas: 10 - 12/03/2020
Horario: 09:00 - 14:00 h
Duración:  15 h
Lugar:  Asociación Boirense de Empresarios, avda. da Constitución, 85, entrechán, Boiro. 
Inscricións: formulario / 981551700 / serviciotecnico@camaracompostela.com

Ver máis

       
   

Tes interese en xestionar unha cooperativa de traballo asociado?

Descubre como se administra e financia unha cooperativa, o seu réxime económico e fiscal, a xestión laboral, os procesos de traballo en equipo e a aplicación das TIC na xestión dunha cooperativa. 

Data: 10/03/2020 - 01/04/2020
Modalidade: en liña
Duración:  40 h
Inscricións: formulario / 881887456 / patane@espazo.coop

Ver máis

       
   

Buscas emprender a través dunha cooperativa?

Coñece todo o que precisas para crear unha cooperativa: como se organiza, as súas características, o seu financiamento e o réxime económico, así como a experiencia real dunha entidade de economía social.  

Datas: 10 - 13/03/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Lugar:  IES Isaac Díaz Pardo, rúa Lagoa, 19, Sada, A Coruña. 
Inscricións: formulario / aedl@concellodesada.com / 881929057


Datas: 24, 26 e 31/03/2020 e 02/04/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Lugar:  Sala 445 Facultade de Ciencias Económicas, campus As Lagoas, Marcosende, Vigo.
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

Ver máis

       
   

Precisas financiamento para o teu negocio?

Atopa outras alternativas ao actual sistema financeiro e contribúe á xestión das finanzas dunha maneira responsable.

Datas: 10/03/2020 - 01/04/2020
Modalidade: en liña
Duración:  40 h 
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela