LOADING

Boletín Nº 53 13 de febreiro de 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 53  13 / 02 / 2020
 
   

Descubre como é a transmisión de capital nas sociedades laborais

Nesta infografía explícase a composición do capital social e a forma de transmitir voluntariamente <<inter vivos>> accións e participacións neste tipo de sociedades. 

 Ver máis

       
   

YOEMPRENDO GALICIA

Estás en situación de desemprego e queres impulsar a túa propia idea empresarial? Se tes máis de 16 anos e menos de 30 e pertences á provincia de Pontevedra ou Ourense, inscríbete neste programa gratuíto de autoemprego e aprende todo o que precisas para poñelo en práctica. 

Para máis información chama ao 988391515 / 665761939, envía un correo a yoemprendogalicia@empleoenred.org ou entra na web www.yoemprendogalicia.com 

Ver máis

       
   

Que é o código de boas prácticas e como podes ser asinante?

O código de boas prácticas é un compromiso que adquiren as cooperativas galegas na procura dun comportamento transparente, honesto e responsable por parte da súa entidade. Para adherirte, debes asinar o anexo ao código e comunicalo a economiasocial.emprego@xunta.gal.

Actualmente son moitas as entidades adheridas, algunhas delas podes coñecelas a través deste vídeo

Ver máis

       
   

A economía social está comprometida co desenvolvemento sustentable

A través dos seus principios básicos, como a primacía da persoa, a transparencia, a democracia, a solidariedade e a cohesión, a economía social toma conciencia da situación actual como se demostra nas seguintes cifras:

Un 60 % de mulleres traballa en postos de responsabilidade; a diferenza media entre salarios sitúase no 1,5/1; o 94 % das entidades aplica criterios de consumo responsable na adquisición de produtos; o 37 % realiza unha xestión ambiental; e o 46 % usa enerxía 100 % renovable. 

Ver máis

   
   

Precisas ampliar coñecementos no ámbito da contabilidade?

Aprende desde cero os conceptos e os instrumentos clave da contabilidade e as finanzas para xestionar unha entidade de economía social.

Datas: 21/02/2020 - 11/03/2020
Modalidade: en liña
Duración:  20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela