LOADING

Boletín Nº 45 12 de decembro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 045  12 / 12 / 2019
 
   

Queres coñecer empresas comprometidas coa igualdade de oportunidades a favor da conciliación e a responsabilidade social empresarial?

Ata o próximo 16 de decembro poderás inscribirte na xornada
que se organiza desde o proxecto Gemcat, que ten como obxectivo mellorar a eficacia das políticas públicas para a creación e mantemento de emprego de calidade. 

O evento terá lugar o 17 de decembro no Hotel Barceló de Ourense ao que acudirán representantes da Administración Pública, sindicatos e entidades recoñecidas neste ámbito de Galicia, Castela e León, Estremadura e Portugal.
 
Máis información no teléfono 986419922 (ext. 2004) ou no enderezo de correo electrónico comunicacion@gemcat.eu.

Ver máis

       
   

Por que apostar pola economía social?

Descubre os doce motivos que incentivan ás persoas a emprender baixo a fórmula da economía social. 

Este mes de decembro a razón é o reparto do capital entre as persoas traballadoras que impulsa a figura do emprendedor e crea unha cultura moi beneficiosa para o conxunto da economía, que se volve máis dinámica.  

Ver máis

   
   

Aprende a desenvolver o teu proxecto de economía social

Cales son os pasos a dar, como financiar o proxecto, que recursos e liñas de axuda exsisten para a creación de cooperativas e por que ésta e a mellor fórmula de emprendemento serán, entre outros, os temas que se abordarán neste curso. 

Datas: 18/12/2019 - 13/01/2019
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela