LOADING

Boletín Nº 184 (8 setembro 2022)

 
Boletín Rede Eusumo Nº 184 08/ 09 / 2022
 
       
   

Coñeces o servizo de asesoramento da Rede Eusumo?

Contamos cun equipo de profesionais dispostos a resolver todas as túas dúbidas. Se tes unha idea de negocio, axudarémosche a desenvolvela; se precisas colaboradores para o teu proxecto, facilitarémosche a procura; se necesitas información sobre a fórmula empresarial de economía social máis acorde á túa idea, porémola á túa disposición; se buscas asesoramento no proceso de tramitación administrativa, prestarémosche apoio, ademais de adaptarnos a ti e asesorarte no momento e na forma que o precises.

Contacta connosco e trasládanos todas as túas inquedanzas.

Ver máis

 
   
       
   

Resolve as túas dúbidas sobre emprender en cooperativas ou sociedades laborais

Esta sesión en líña de resolución de dúbidas ten como obxectivo amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa e das sociedades laborais como modelo empresarial máis axeitado para emprender la actualidade, dando a coñecer estes modelos entre o público que quere emprender e achegándolles tamén experiencias reais de emprendemento de éxito en Galicia.

Datas: 14 de setembro
Modalidade: en liña
Duración: 1 hora e media
Horario: o horario determinarase en función das preferencias das persoas inscritas 
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

       
   

Novo programa IN-TEAMS

Esta programa de emprendemento consistirá na creación dunha serie de equipos que traballarán sobre distintos proxectos empresariais que parten de ideas de negocio ou resultados de investigación do Campus Crea e que participarán neste concurso co obxectivo de poder constituírse finalmente en entidades de economía social.

Estes equipos competirán por ser o mellor proxecto e gañar o 1º ou 2º premio, que será de 750 ou 500 euros respectivamente.


Para coñecer máis en detalle en que consiste o concurso e cales son os requisitos para poder participar, podes consultar as bases do programa premendo nesta ligazón.

Inscrición: ata o 16 de setembro ás 23:59 horas a través deste formulario
Máis información en: https://inteams.creaeconomiasocial.com/

Ver máis

   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

Baja

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela