|
 |
|
A Xunta de Galicia segue apoiando o emprego inclusivo de cara ao 2022
Este pasado luns, a conselleira de Emprego e Igualdade e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego mantiveron unha reunión co fin de determinar os apoios ao emprego inclusivo de cara a este novo ano.
Destacouse que a Xunta de Galicia investirá 22,6 millóns de euros para a convocatoria de axudas e programas destinados ás persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social; que as axudas á creación e mantemento dos postos de traballo nos centros especiais de emprego suporá un investimento de 20,8 millóns de euros e que as axudas á creación e mantemento do emprego nas empresas de inserción laboral terán un millón de euros de presuposto.
Ver máis
|