LOADING

Boletín Nº 144 (25 NOVEMBRO 2021

 
Boletín Rede Eusumo Nº 144  25/ 11 / 2021
 
   

A economía social de Galicia estará presente cunha caseta no Culturgal 2021

A XIV Edición da Feira das Industrias Culturais celebrarase esta fin de semana, do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Como cada ano, a eonomía social de Galicia estará presente nesta edición, que ten como lema "A cultura que toca", coa programación de distintos encontros, presentacións, exposicións etc. de distintas entidades de economía social galegas que queren presentar os seus espectáculos, produtos ou servizos e fomentar o contacto entre a acción cultural e o público asistente.

Ver máis

   
   


Novo encontro sobre os instrumentos de utilidade e viabilidade dos CEEI no trato coa administración

Este encontro, organizado por Cegasal dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social", ten como destinatarios principais os axentes de economía social. Nel farase un percorrido pola lexislación do procedemento administrativo común das administracións públicas ademais do réxime xurídico do sector público. Así mesmo, destacarase o sistema de recursos administrativos e o control realizado polos xuíces e os tribunais de carácter preventivo a través do procedemento administrativo.

Data: 30 de novembro
Horario: de 10:00 a 11:30 h
Modalidade: en liña
Inscricións: a través desta ligazón
Para máis información: info@cegasal.com

Ver máis

       
   

A economía social e a modernización do sector agroalimentario

Agaca organiza a quinta edición desta formación en liña sobre certificacións de calidade e medioambientais.
O seu obxectivo é amosar desde a práctica as condicións e os requisitos necesarios para a xestión destas certificacións, contribuíndo así ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redundan na calidade.

Datas: do 1 de decembro ao 14 de xaneiro
Modalidade: en liña
Duración: 70 horas
Inscricións: a través desta ligazón
Máis información en: agaca@agaca.com / www.agaca.coop

 

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela