|
Boletín Rede Eusumo Nº 052 06 / 02 / 2020
 |
|
 |
|
 |
|
Es muller e buscas formarte en economía social?
Ata o próximo 25 de febreiro poderás inscribirte no programa formativo Medrando Xuntas, dirixido a mulleres con responsabilidade de goberno e dirección e a socias e traballadoras de entidades de economía social. Algúns dos seus obxectivos son ensinar a xestionar unha entidade de economía social, achegar o concepto de responsabilidade social, mostrar a importancia das TIC e mellorar as habilidades mediante o desenvolvemento da marca persoal.
Por último, realizarase o III Foro Medrando Xuntas, no que se creará un espazo de conversa sobre os desafíos e as oportunidades que as mulleres teñen no seu desenvolvemento empresarial.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Queres dar a coñecer os teus produtos made in Galicia?
Participa no Pop Up Galicia Calidade - Saberes e Sabores que terá lugar desde o 30 de abril ata o 10 de maio no Palacio de Santa Bárbara en Madrid, remitindo a túa solicitude asinada a centro.artesania@xunta.gal antes do 12 de febreiro de 2020.
O obxectivo é ofrecer unha imaxe coidada dos produtos galegos artesáns, alimentarios e decorativos a través dun espazo de calidade que sirva de venda directa ao público. Ademais, levaranse a cabo diferentes accións promocionais interesantes tanto para profesionais como para familias.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Coñece a historia da tenda Juan María by Lolola
Este proxecto, creado polo Centro Especial de Emprego Juan María e que conta coa colaboración e a experiencia da deseñadora viguesa Lola Ronda, conseguiu facer realidade o soño do alumnado, ademais de permitirlles "aprender facendo".
A tenda abriu coa primeira colección "Estrellas para todos" e xa está a venda a segunda, deseñada e confeccionada integramente en Galicia.
Na actualidade combinan o traballo como dependentes á vez que se forman para desenvolver as diferentes tarefas que xiran arredor da xestión da tenda.
Ver máis
|
|
|
 |
|
 |
|
Pon en práctica o teu proxecto cooperativo
Coñece os pasos que hai que dar para emprender como empresa cooperativa comezando por analizar as áreas comercial e de mercado, a viabilidade económica e financeira do proxecto, a planificación da área organizativa e os trámites de constitución.
Datas: 10, 12, 17 e 19/02/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Lugar: Casa da Cultura, A Carballa s/n, Cesullas, Cabana de Bergantiños
Inscricións: 981754020 / 981715442 / silvana.facal@cabana.gal / mariajose.pensado@ponteceso.gal
Ver máis
|
|
|
|
|
|
 |
|
Tes interese en incorporar medidas de RSE na túa entidade?
Coñece a metodoloxía e as ferramentas necesarias para analizar e avaliar as diferentes alternativas e incorporar a RSE no teu modelo de negocio.
Datas: 14/02/2020 - 05/03/2020
Duración: 20 h
Modalidade: en liña
Inscricións: 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es / formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
 |
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|