LOADING

Boletín Nº 051 30 de xaneiro de 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 051  30 / 01 / 2020
 
   

Unha solución para afrontar os gastos de funcionamento das asociacións de entidades de economía social!

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.  

Pode consultarse a orde premendo aquí.
 
O prazo de presentación das solicitudes é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. 

 Ver máis

       
   

Participa na promoción e o impulso da economía social

Se es unha entidade colaboradora da Rede Eusumo e realizas actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social,  podes beneficiarte desta subvención. 

Pode consultarse a orde premendo aquí.  

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. 

Ver máis

       
   

Promóvese a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social

Publicada a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras, coa finalidade de impulsar a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social.

As entidades beneficiarias poderán optar ao Programa I de axudas ao mantemento do custo salarial ou ao Programa II de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.   

Ver máis

       
   

Contribúe á formación de persoas en risco ou situación de exclusión social

As entidades sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos establecidos na orde poden presentar a súa solicitude para optar á subvención e formar persoas en situación ou risco de exclusión social perceptora da Risga, dotándoa da motivación, as habilidades, as competencias e as capacidades que require o mercado laboral. 

Ver máis

       
   

Que podo atopar en Xantar 2020?

Do 5 ao 9 de febreiro asistirán á Feira Internacional de Turismo Gastronómico once cooperativas e un centro especial de emprego. As devanditas entidades daranse cita no posto da Economía Social de Galicia que vos convidamos a visitar.

Ver máis

   
   

Buscas formarte en economía social?

Terás a oportunidade de facelo durante o mes de febreiro a través das xornadas que se realizarán por diferentes puntos do territorio galego. O obxectivo destas será fomentar a economía social e as súas fórmulas de emprendemento como xeradoras de emprego e de empresas de calidade.

Podes inscribirte a través do seguinte formulario, no teléfono 981558008 ou enviando un correo a eusumo.emprego@xunta.gal

Ver máis

       
   

Aprende a traballar en equipo

A través da economía social poderás adentrarte no mundo do cooperativismo e coñecer os valores e os principios que rexen esta fórmula de autoemprego, así como os diferentes tipos de cooperativas que existen, a súa estrutura organizativa, o réxime económico e a importancia da intercooperación. 

Datas: 04/02/2020 - 25/02/2020
Duración: 40 h
Formación: en liña
Inscriciónsformulario / 881887456/ patane@espazo.coop

 

Ver máis

       
   

Queres obter o máximo beneficio da túa entidade?

Adáptate aos tempos e aprende a xestionar a túa entidade de economía social coa colaboración do teu equipo de traballo. O obxectivo é que se incorporen as súas preocupacións como parte da estratexia de negocio e que a organización asuma o compromiso de dar conta das súas actuacións coa adecuada transparencia.

Para iso, será preciso coñecer o concepto de RSE, a súa evolución, as organizacións implicadas, a súa vinculación coa economía social e o beneficio que supón para a entidade.

Datas: 04/02/2020 - 25/02/2020
Duración: 40 h
Formación: en liña
Inscriciónsformulario / 881887456/ patane@espazo.coop

Ver máis

       
   

É o momento de poñer en práctica o teu proxecto cooperativo

Coñece os pasos que hai que dar para emprender como empresa cooperativa comezando por analizar as áreas comercial e de mercado, a viabilidade económica e financeira do proxecto, a planificación da área organizativa e os trámites de constitución. 

Datas: 6, 7, 13 e 14/02/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Lugar: Viveiro de empresas do Concello de Porto do Son, rúa Noal 26
Inscriciónsjose.pazo@portodoson.gal / 981867412 (ext. 1302)/

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela