LOADING

Boletín Nº 048 9 de xaneiro de 2020

 
Boletín Rede Eusumo Nº 048  09 / 01 / 2020
 
   

Modificacións lexislativas en materia de economía social

O 1 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que afecta ao réxime das cooperativas e as empresas de inserción.

Ademais, modificouse o réxime de deducións no tramo autonómico do IRPF por achegas a cooperativas e sociedades laborais.

 Ver máis

       
   

Cooperativismo no ensino

Ata o próximo 30 de abril podes presentar a solicitude para participar no Certame de Cooperativismo no Ensino 2020. Segundo a modalidade (actividades artísticas, actividades cooperativizadas ou proxectos empresariais cooperativos), optaredes a premios de máis de 2500 € para adquirir material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, ou celebrar unha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado.

Para máis información, consulta a orde completa aquí
 

 Ver máis

       
   

Tes unha cooperativa galega que realiza un labor destacado no eido do cooperativismo?

Participa e presenta a túa candidatura! Outorgarase un premio á cooperativa que máis sobresaíse no impulso dos valores e os principios cooperativos; un premio ao mellor proxecto cooperativo novo que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais e teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses; e, por último, un premio á traxectoria cooperativa.  

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.

Para máis información, consulta a orde completa aquí. 
 

Ver máis

       
   

Promociona os teus produtos ou servizos en Xantar 2020

Do 5 ao 9 de febreiro celébrase en Ourense a 21ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar. 

Haberá máis de 100 medios de comunicación aos que darse a coñecer, ademais de supoñer unha oportunidade para establecer contacto con nova clientela e realizar estratexias de fidelización. E, ao tratarse dunha feira internacional, servirá para fomentar a cooperación entre países a través da creación de redes turísticas e culinarias sustentables a nivel mundial. 

O prazo para inscribirse finaliza o 13 de xaneiro antes das 14:00 h.

Para máis información: xantar.org / info@xantar.org / 988366030 

 Ver máis

   
   

Amplíase o prazo de inscrición 

Ata o próximo 13 de xaneiro poderás inscribirte no curso para internacionalizar o teu negocio. Nel poderás coñecer o proceso de internacionalización comezando pola elección do mercado e a estratexia de acceso. Ademais terás a posibilidade de realizar unha análise dos diferentes países aos que exportar e manexar técnicas de negociación para contactar con eles. 

Tamén se tratará o marketing internacional como forma de dar a coñecer o produto ou o servizo e facilitaranse ferramentas financeiras para a xestión operativa da exportación.  

Datas: 08/01/2020 - 30/01/2020
Modalidade: en liña
Inscricións: 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es / formulario

Ver máis

       
   

Queres formarte na xerencia dunha cooperativa?

Se formas parte do programa "Creando mellora", neste curso poderás coñecer as características básicas do modelo cooperativo, a función xerencial en cooperativas así como recursos e ferramentas para mellorar a xestión das mesmas.  

Datas: 14, 15, 21 e 22/01/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Lugar: rúa Tomiño 22, entrechán, Santiago de Compostela (Sede de Agaca)
Inscricións: 986866149 / roberto@espazo.coop

Ver máis

       
       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela