LOADING

Boletín Nº 047 26 de decembro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 047  26 / 12 / 2019
 
   

Entrevistamos a Beatriz López, socia de Arabías

Arabías é unha cooperativa dedicada a impulsar iniciativas de investigación, formación e sensibilización social que buscan un cambio positivo nas persoas.  

O seu obxectivo é apostar pola calidade e a dignidade laboral. Por esta razón, elixen o cooperativismo como o camiño máis coherente de cara a situar a vida das persoas e valores como o feminismo ou a sustentabilidade no centro da actividade económica. 

 Ver máis

       
   

Os murais que están a colorear Galicia

A cooperativa Cestola na Cachola, co seu traballo no campo da pintura, a ilustración e o muralismo, achéganos as historias e as lendas da zona a golpe de pincel e pintura, en conexión cos territorios e as súas xentes.

Ademais, contan cunha liña de roupa elaborada baixo criterios de comercio xusto e ecolóxico. Así mesmo, apostan, a partir do nome da súa marca, polo consumo consciente, de xeito que antes de ir ao mercado pousemos a cestola e reflexionemos sobre o que imos meter nela. 

Ver máis

   
   

Queres internacionalizar o teu negocio? 

Xa está aberto o prazo de inscrición ata o 7 de xaneiro. Coñece o proceso de internacionalización comezando pola elección do mercado e a estratexia de acceso, ademais de realizar unha análise dos diferentes países aos que exportar e manexar técnicas de negociación para contactar con eles. 

Tamén se tratará o marketing internacional como forma de dar a coñecer o produto ou o servizo e facilitaranse ferramentas financeiras para a xestión operativa da exportación.  

Datas: 08/01/2020 - 30/01/2020
Modalidade: en liña
Inscricións: 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es / formulario

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela