LOADING

Boletín Nº 044 5 de decembro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 044  05 / 12 / 2019
 
   

Tes interese en facer prácticas nunha cooperativa?

Xa está aberta a convocatoria para adxudicar cinco bolsas de xerencia e apoio á mellora en cooperativas de Ourense, Arteixo e A Coruña.  

Poderán inscribirse ata o 16 de decembro as persoas menores de 35 anos en situación de desemprego, e con titulación e formación na área empresarial. 

A bolsa terá unha duración de seis meses, que comezarán a partir do 1 de febreiro de 2020. A contía da axuda ascende a 675 € brutos mensuais.

Máis información no teléfono 986866149 ou no enderezo de correo electrónico roberto@espazo.coop.

Ver máis

       
   

Descubre empresas comprometidas coas medidas de conciliación familiar e laboral e igualdade

Inscríbete na xornada de clausura do proxecto Gemcat, que terá lugar o próximo día 17 de decembro no Hotel Barceló de Ourense, e descubre as entidades máis recoñecidas neste ámbito de Galicia, Castela e León, Estremadura e Portugal. 

O evento comezará cun foro no que se presentarán os resultados das mesas de diálogo social do sector téxtil. Ademais, farase unha entrega de premios ás entidades que realizan boas prácticas en conciliación e igualdade. O acto rematará cunha presentación de resultados do proxecto Gemcat. 

Máis información no teléfono 986419922 (ext. 2004) ou no enderezo de correo electrónico comunicacion@gemcat.eu.

Ver máis

   
   

Buscas emprender a través dunha cooperativa?

Coñece todo o que precisas para crear unha cooperativa: como se organiza, as súas características, o seu funcionamento e o réxime económico a partir da experiencia real dunha entidade de economía social. 

Datas: 11 - 13/12/2019
Horario: 09:30 - 14:30 h
Lugar: Viveiro de Empresas, rúa Noal 26, Porto do Son, A Coruña
Inscricións: 981867412 ext. 1302 / jose.pazo@portodoson.gal

Ver máis

       
   

Queres abordar con éxito a túa idea de negocio?

Aprende de xeito práctico como facelo a través de pautas, recursos e coñecementos básicos que permiten emprender baixo as fórmulas de economía social. 

Datas: 18/12/2019 - 13/01/2019
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela