LOADING

Boletín Nº 043 28 de novembro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 043  28 / 11 / 2019
 
   

Coñece a economía social desde dentro

Esta fin de semana, do 29 de novembro ao 1 de decembro, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a XII edición da Feira das Industrias Culturais. 

Catorce entidades de economía social daranse cita para realizar actividades de difusión e promoción a través dun posto conxunto onde poderán acadar alianzas e colaboracións cos outros coexpositores.

Ver máis

   
   

Pensando en emprender?

O cooperativismo é a fórmula de autoemprego que buscas. Neste curso poderás descubrir, desde un punto de vista práctico, as condicións e pasos que tes que dar para emprender, o funcionamento dunha cooperativa, o mecanismo sobre as achegas de capital social, ademais da experiencia real dunha cooperativa en funcionamento. 

Datas: 28/11/2019, 03/12/2019, 10/12/2019 e 10/01/2020
Horario: de 10:30 - 13:30 h e  de 15:00 - 17:00 h
Lugar: Casa do Queixo, rúa Casal de Abaixo, 2, Grixalba, s/n, Sobrado dos Monxes, A Coruña
Inscricións: 881887456 / patane@espazo.coop

Ver máis

       
   

O desenvolvemento cooperativo no sector marisqueiro

Neste obradoiro analizarase a realidade específica do sector marisqueiro; valoraranse modelos alternativos como o cooperativismo para a dinamización do sector; e determinaranse obxectivos e liñas de acción para divulgar a fórmula cooperativa como medio para potencialo e consolidalo.

Datas: 3, 5, 10 e 12/12/2019
Horario: 10:00 - 15:00 h
Lugar: Centro Cultural do Concello de Ponteceso, avda. de Bergantiños, 65 A, Ponteceso
Inscricións: mariajose.pensado@ponteceso.gal 
silvana.facal@cabana.gal / 981715442 / 981754020 

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela