LOADING

Boletín Nº 039 31 de outubro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 039  31 / 10 / 2019
 
   

Estás pensando en internacionalizar a túa entidade de economía social?

Dentro do apartado dedicado a comunicación na nosa web poderás acceder á infografía na que se recollen os factores clave para comezar o proceso.

Ver máis

       
   

Entrevistamos a Carmen Leis, administradora de Imcor

Imcor é unha entidade de economía social especializada no servizo integral a grandes e pequenas empresas para a realización e a implantación da imaxe corporativa. 
Desde os seus comezos apostaron por sumar esforzos e achegar o seu capital e experiencia profesional, o que se converteu na súa maior fortaleza.  
Hoxe en día, traballan para grandes marcas que valoran a calidade do servizo que prestan e o seu compromiso co medio, e esperan ir medrando ata converterse nunha empresa de referencia no sector.  

Ver máis

   
   

E se traballamos en equipo?

Coñece como se traballa nunha cooperativa, as habilidades de comunicación e de xestión social necesarias para desempeñar as tarefas diarias en grupo, así como o procedemento de toma de decisións que afectan á entidade.   

Datas: 6, 13, 20 e 27/11/2019 e 04/12/2019 
Horario: 16:30 - 20:30 h
Lugar: Confraría de Pescadores San Juan de Redondela, avenida de Mendiño 110, Redondela
Inscriciónscofradia@cofradiaredondela.org
986404380 / 670881666/

Ver máis

       
   

Almorzo informativo na Costa da Morte

Neste encontro entre entidades de economía social, exporanse os recursos dos que dispón a Administración na contratación pública para apoiar as posibilidades de emprego das persoas con discapacidade e cumprir coas obrigas que define a Lei de contratos do sector público. 

Data: 13/11/2019
Horario: 10:00 h
Lugar: hotel Punta del Este, avenida de Malpica 125, Carballo
Inscricións: info@cegasal.com

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela