LOADING

Boletín Nº 038 24 de outubro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 038  24 / 10 / 2019
 
   

Cita no ES-POP UP en Lugo

Desde hoxe e ata o próximo 26 de outubro propoñémosvos que vos acheguedes á praza da Soidade en Lugo para gozar da realidade virtual, dun novo método de ensinanza de inglés para todas as idades, de produtos orgánicos, dun servizo de mellora da calidade de vida, de cultivo de cogomelos, de moda sustentable, de rehabilitación veterinaria e dunha ferramenta dixital para mellorar a xestión das parcelas agrícolas e forestais.

Se tedes interese en descubrir de que trata cada actividade, non dubidedes en achegarvos! 

Ver máis

       
   

Sabes que é o Consello da Economía Social de Galicia?

É un órgano consultivo e asesor para as actividades relacionadas coa economía social, especialmente no ámbito da promoción e a difusión. Encárgase de promover o diálogo, a coordinación e a coloboración entre todos os actores da economía social. Na nosa web atoparedes máis información en relación coas súas funcións, composición e normativa que o regula. 

Ver máis

   

YOEMPRENDO GALICIA

Estás en situación de desemprego e queres impulsar a túa propia idea empresarial? Se tes máis de 16 anos e menos de 30, inscríbete neste programa gratuíto de autoemprego e aprende todo o que precisas para poñelo en práctica. 

Para máis información: 988391515 / 665761939, envía un correo a yoemprendogalicia@empleoenred.org ou entra na web www.yoemprendogalicia.com
 

Ver máis

   
   

Novo obradoiro: Apoderamento de mulleres socias de cooperativas 

O obradoiro dividirase en tres sesións: un acto inaugural, no que se tratarán as oportunidades do sector primario e o apoderamento das mulleres socias; unha viaxe para coñecer experiencias cooperativas no ámbito agragrio e social; e unha exposición de casos prácticos de novos cultivos e produción agropecuaria.
Con esta actividade preténdense alcanzar, entre outros, os seguintes obxectivos: impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenza da muller nos órganos directivos das cooperativas; fomentar o emprendemento a través do uso de recursos agrarios ociosos; e formar mulleres socias en novas actividades produtivas mediante casos de éxito.

Datas e horario: 24/10/2019 e 05/11/2019 de 17:00 - 21:00 h e 31/10/2019 de 09:00 - 20:00 h
Lugar: Adega Condes de Albarei, Castrelo, Cambados (Pontevedra) 
Inscricións: 981584783 / agacalugo@agaca.coop

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela